luns, 23 de xaneiro de 2012

Obradoiro para aprender a facer curtametraxes en galego

Entre o 31 de xaneiro e 2 de marzo desenvolverase o I Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en Galego. Trátase dun seminario organizado polo Concello da Coruña e a Escola Oficial de Idiomas desta localidade. Ofrecerá 15 horas de clases teórico-prácticas para ensinar as claves para crear una obra audiovisual de ficción (do guión á linguaxe e a técnica), ademais de seis horas de prácticas en gravación, edición e posprodución.
Imparte este curso, que contará con 20 prazas, o director, guionista e actor Omar Rabuñal Varela. A curta que se elabore no seminario participará no Festival CinEOI Coruña Curtas 2012.

Información tirada do portal http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20250.

Ningún comentario:

Publicar un comentario