A
plataforma temática sobre Galicia en Internet, Galicia
Dixital, vén de anunciar a posta en marcha da súa Biblioteca
Virtual de Galicia, un desexo expresado por este espazo que agora
cobra vida. A Biblioteca ten como finalidade achegar aos usuarios un
elemento de consulta sobre diversos temas xerais ou referidos ao noso
país, de difícil acceso por outro medio. Tendo en conta que a
elaboración dunha biblioteca é sempre “tarefa dura e complexa”,
dende Galicia Dixital anuncian que que polo de agora este servizo tan
só conta con 14 publicacións cedidas polos seus autores (algún
propio de Galicia Dixital) como achega inicial a un fondo que
pretenden sexa infindo:sen límites numéricos ou temporais. Emporiso
engaden, que xa dispoñen de decenas de obras que serán publicadas
paseniño nas vindeiras semanas.
Dende Galicia Dixital convidan a
tódolos autores ou editores (con dereitos sobre calquera
publicación) a facilitar os seus orixinais en versión dixital
(preferentemente en PDF) xunto cunha autorización expresa para
incluílos na Biblioteca Virtual Galega de Galicia Dixital. No caso
de non dispor de versión dixital, poderase enviar un orixinal tal
como foi editado, para a súa reprodución.
Asemade, tamén fan un
chamamento aos autores e autoras de obras inéditas que queiran ser
incluídos nesta Biblioteca Dixital, para iso deben enviar os seus
orixinais coa indicada autorización para difundilo dentro da dita
plataforma en Internet.
A
esta Biblioteca Dixital Galega pode accederse a través da páxina
principal de Galicia
Dixital, onde van aparecendo de xeito aleatorio todos os títulos
incluídos ou que se vaian incorporando a esta publicación
electrónica dentro desta plataforma en Internet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario