venres, 23 de outubro de 2015

VIII Xornada sobre recursos educativos en galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela organiza a VIII Xornada "Recursos educativos en galego", que terá lugar o 5 de novembro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte). A xornada, que nesta edición se centrará na educación artística, está destinada aos membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e mais persoal de administración e servizos) desta facultade interesados en coñecer novas estratexias e recursos didácticos en galego.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario