luns, 19 de outubro de 2015

Academia Galega da Lingua Portuguesa presenta o "Vocabulário Ortográfico da Galiza"

O Vocabulário Ortográfico da Galiza chega agora á fase da súa edición definitiva en papel. Editado pola Academia Galega da Lingua Portuguesa (AGLP), é obra da Comisión de Lexicologia e Lexicografia (CLL) que coordina Carlos Durão.

A elaboración dun Vocabulário Ortográfico da Galiza representa a contribución dende o país ao Vocabulário Ortográfico Común da Lingua Portuguesa, previsto no texto do Acordo Ortográfico que asinaron no seu día representantes de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, S. Tomé e Príncipe e Portugal coa participación dunha "delegación de observadores da Galiza".
Este vocabulário, agora impreso pola Tórculo, inclúe máis de 154.000 entradas. A Academia di que "a ortografia empregada neste vocabulário ortográfico galego é descritiva ou indicativa, digamos recomendada ou orientadora, mais non prescritiva" polo que "non obriga ninguén a escribir o seu nome, ou o da súa vila, dunha determinada maneira".

Ningún comentario:

Publicar un comentario