Enlace:
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
venres, 4 de abril de 2014
Cancións a concurso no Cantalingua 2014
Cantalingua é un concurso musical destinado a bandas ou solistas que que
desenvolven a súa actividade en galego, organizado polo Correlingua: a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega
e a Mesa pola Normalización Lingüística.
Enlace:
Enlace:
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pídelle ao Conselleiro de Educación que non aplique a LOMCE
A PGDEP tamén lle amosa a súa preocupación pola repercusión que vai ter a nova Lei de reforma das administracións locais na oferta de actividades extraescolares por parte dos Concellos
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público remitiulle este xoves 3 de abril unha carta ao conselleiro de
Educación para expresarlle a súa preocupación pola implantación da LOMCE
en Galiza e as repercusións negativas que pode ter na calidade do
ensino no noso país e na formación do noso alumnado. A Plataforma
reclámalle que non se impoña, unha vez máis, a improvisación e que non
se aplique a LOMCE para o curso 2014-2015.
Nesta carta a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
reclámalle que non se implanten novos libros de texto en Galiza polo
incremento do gasto que vai supor para as familias, moitas con serias
limitacións económicas , e porque os novos currículos non teñen en
conta a nosa realidade ou deturpan a nosa historia. A PGDEP pide que se
restitúa a total gratuidade dos libros de texto para todo o alumnado de
educación infantil, primaria e ESO.
A PGDEP tamén lle esixe ao conselleiro que garanta que se a imparta Educación Artística en todos os centros pola importancia que ten na formación académica de nenos e nenas, necesaria para que poida realizar no futuro a elección máis atinada no ensino post-obrigatoria. A PGDEG subliña como excesiva a implantación da materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e por iso solicita que non se incorpore ao currículo. Do mesmo modo pídelle ao conselleiro que se comprometa a que a Relixión tampouco forme parte do currículo escolar potenciando a materia de Valores Sociais e Cívicos.
A Plataforma trasládalle neste escrito a súapreocupación pola falta de democracia na xestións dos centros educativos coa implantación da LOMCE e solicita que se manteñan as competencias que ten actualmente o Consello Escolar, no que está representada toda a comunidade educativa, e nomeadamente a elección de director.
Finalmente, a Plataforma tamén traslada a súapreocupación pola entrada en vigor da Lei de reforma da administración local e as repercusións que esta pode ter na oferta de servizos no ensino. Consideramos que os servizos complementarios e as actividades extraescolares deberían ser ofertadas gratuitamente en todos os centros pola propia Consellaría, mediante xestión directa e persoal específico. Nese sentido, solicitaremos que se faga cargo de todos eles. Mais, mentres esta petición non se efectiviza, solicitamos que non se vexa minguada a actual oferta de servizos e actividades, que nalgúns casos están sustentadas polos concellos.
No acto de hoxe participaron Anxo Louzao, da CIG-Ensino, Carlos García dos Comités, Alba Chantada da Liga Estudantil Galega, Luisa González da Federación de ANPA de Compostela, Antía Insua de Galiza Nova, Carme Romero da AS-PG e Saleta Chao do BNG. Ademais integran a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, a Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Federación de ANPA de Ponteareas (FANPO), Agir, Sindicato de Estudantes e Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público.
Escritos enviados ao conselleiro de Educación.Ligazón
CIG INFORMA LIGAZÓN

Rexeitamento masivo do profesorado a impartir cursos Celga en solidariedade cos despedidos
O conflito que a Xunta mantén co antigo profesorado dos cursos Celga,
certificado en lingua galega que emite a Secretaría Xeral de Política
Lingüística (SXPL), atópase coa solidariedade dos docentes aos que agora
recorre a Administración, que se están a negar masivamente a impartir as aulas en solidariedade polo despedimento masivo sufrido por este colectivo.
Ante este panorama e tras a resolución, a Consellería optou por non ofrecer os cursos do Celga ao profesorado en paro e apostou por que fosen docentes en activo de Secundaria os que impartisen estas aulas como horas extraordinarias, algo que a CIG rexeita frontalmente tras acusar a Administración de "despedimento ilegal". O sindicato levou a cabo unha campaña para reclamar a solidariedade do profesorado que podía acceder a este labor e para persuadir a aquel que aceptara xa impartir os cursos.
Ante esta negativa maioritaria, a Xunta está a recorrer a asesores da Consellería, docentes de Primaria ou auxiliares que teñen a licenciatura de Filoloxía Galega aínda que non exerzan como especialistas na materia, unha selección que a CIG denuncia por facerse "sen criterios públicos e transparentes". É o recurso que lle queda á Administración, que foi incapaz de cubrir varios cursos e que se veu na obriga de anulalos. Ese é o caso, por por só un exemplo, do que se ía impartir en Ribadeo e que tiña unhas 60 persoas anotadas.
“Ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, non lle chega con despedir a este profesorado senón que aproveita para estender a súa rede caciquil ao seleccionar aos docentes de maneira nepotista. A inmensa maioría do profesorado de Secundaria negouse a ser cómplice desta actuación vengativa e represora”, asegurou o pasado luns Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino. "Isto levou incluso a que haxa cursos que non se impartan recaendo sobre os usuarios as consecuencias de que isto suceda”, finalizou.
Foi no curso 2006-07 cando se puxo en marcha a Certificación de Lingua Galega a través de cursos ofertados a todo aquel que quixese acreditar o seu coñecemento do idioma cun título que é requisito ou valoración indispensable en numerosos ámbitos. Para levalos a cabo, a Administración contou con docentes desempregados, que impartían as aulas durante dous ou tres meses ao ano. Pero a Administración decidiu rachar de vez con este sistema tras a denuncia ante a Inspección e a súa resolución desfavorable.
CIG-Ensino xa advertiu que se Educación non cumpre coa súa obriga legal, o sindicato promoverá demandas individuais por despido entre este colectivo que acumula xa moitos meses de reivindicacións.
Educación deixou de ofertar os cursos Celga entre o profesorado colaborador e en paro para ofrecerlle horas extras a docentes de Secundaria, que agora se negan en masa a impartilosCIG-Ensino leva semanas denunciando que Educación deixou de ofertar, como era habitual antes, os cursos preparatorios do Celga ao profesorado colaborador, aquel que se incluía nunha listaxe e que, entre os seus requisitos, exixía ser "demandante de emprego en situación laboral de desempregado". O sindicato alertou durante tempo que este colectivo impartía as clases sen contrato de traballo ningún e sen estar dado de alta na Seguridade Social. A denuncia que interpuxo ante a Inspección de Traballo resolveuse hai agora uns catro meses recoñecendo a relación laboral entre a Consellería e este profesorado e dando de alta de oficio con efectos retroactivos nos períodos nos que se impartiran aulas nos catro anos anteriores, ademais de impor unha multa de máis de 200.000 euros á Administración por actuación fraudulenta.
Ante este panorama e tras a resolución, a Consellería optou por non ofrecer os cursos do Celga ao profesorado en paro e apostou por que fosen docentes en activo de Secundaria os que impartisen estas aulas como horas extraordinarias, algo que a CIG rexeita frontalmente tras acusar a Administración de "despedimento ilegal". O sindicato levou a cabo unha campaña para reclamar a solidariedade do profesorado que podía acceder a este labor e para persuadir a aquel que aceptara xa impartir os cursos.
A Xunta recorre a asesores ou docentes de Primaria ante as dificultades para atopar docentes que impartan os cursosA resposta do profesorado foi contundente. Unha inmensa maioría de docentes de Secundaria negouse a impartir estes cursos como horas extraordinarias. Porque aínda que a Xunta exixe dous únicos requisitos para poder acceder a este labor e non crear así a relación laboral que agora se lle exixe (ser licenciado en Filoloxía Galega e ter salario da Administración autonómica) recorre sempre ao profesorado da especialidade de Lingua e Literatura Galega. Non obstante, desta vez tivo que optar por outros profesores ante as dificultades para atopar voluntarios desta materia.
Ante esta negativa maioritaria, a Xunta está a recorrer a asesores da Consellería, docentes de Primaria ou auxiliares que teñen a licenciatura de Filoloxía Galega aínda que non exerzan como especialistas na materia, unha selección que a CIG denuncia por facerse "sen criterios públicos e transparentes". É o recurso que lle queda á Administración, que foi incapaz de cubrir varios cursos e que se veu na obriga de anulalos. Ese é o caso, por por só un exemplo, do que se ía impartir en Ribadeo e que tiña unhas 60 persoas anotadas.
Educación foi incapaz de cubrir todos os cursos e xa tivo que anular algún delesAínda que non hai datos oficiais, é unha inmensa maioría de profesores a que rexeitou impartir cursos Celga como horas extraordinarias. A porcentaxe dos docentes de Secundaria que si aceptaron e levarán a cabo ese labor non superaría o 1%, segundo fontes do profesorado consultadas por Praza.
“Ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, non lle chega con despedir a este profesorado senón que aproveita para estender a súa rede caciquil ao seleccionar aos docentes de maneira nepotista. A inmensa maioría do profesorado de Secundaria negouse a ser cómplice desta actuación vengativa e represora”, asegurou o pasado luns Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino. "Isto levou incluso a que haxa cursos que non se impartan recaendo sobre os usuarios as consecuencias de que isto suceda”, finalizou.
Foi no curso 2006-07 cando se puxo en marcha a Certificación de Lingua Galega a través de cursos ofertados a todo aquel que quixese acreditar o seu coñecemento do idioma cun título que é requisito ou valoración indispensable en numerosos ámbitos. Para levalos a cabo, a Administración contou con docentes desempregados, que impartían as aulas durante dous ou tres meses ao ano. Pero a Administración decidiu rachar de vez con este sistema tras a denuncia ante a Inspección e a súa resolución desfavorable.
CIG-Ensino xa advertiu que se Educación non cumpre coa súa obriga legal, o sindicato promoverá demandas individuais por despido entre este colectivo que acumula xa moitos meses de reivindicacións.
A campaña “Como cho digo ;-)” dirixirase aos concellos para visibilizar o galego nos medios
Unha semana despois da súa presentación, a campaña “Como cho digo ;-)” que botou a andar a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) segue a sumar apoios na rede. En tres semanas, iniciarán unha xira de presentación por comarcas e localidades.
En tres semanas, a CTNL botarase á estrada para percorrer o territorio do país sumando forzas para reclamar a visibilización do galego nos medios de comunicación. Actos locais e comarcais convocarán a presenza de persoas coñecidas e colectivos e asociacións de cada lugar para esixir que a realidade que se produce en galego se recolla tamén na nosa lingua nos medios. Despois de cada acto, a proposta é que as diversas entidades se dirixan aos medios que traballan na localidade para remitirlle a súa declaración na que se solicita que as súas intervencións ou propostas fiquen reflectidas en galego nos mediosAos medios
Cando este período, que durará entre catro e seis meses, finalice, a CTNL dirixirase directamente aos medios de comunicación facéndolle chegar os avais recollidos por todo o país para solicitarlle o compromiso de que a información que se xera na nosa lingua tamén se reproduza en galego.
Especial atención terán na campaña os concellos que producen unha boa parte da información local que sae nas edicións de xornais e outros medios. A todos os concellos do país solicitaralle a CTNL que indiquen aos medios de comunicación que a información producida pola institución quede reflectida en galego.
Co mundo da cultura
Unha semana despois do seu inicio, entidades e particulares sumáronse xa á campaña promovida pola CTNL, avalada tamén polo grande suceso da súa anterior proposta “Gústame o galego”, que conseguiu un forte impacto social na defensa da nosa lingua. Desde que está operativa, “Como cho digo ;:)” conseguiu a sinatura de grande número de persoas do mundo da cultura, da literatura, das artes escénicas ou da música. Escritores e escritoras como Manuel Rivas, Antonio Fraga, Helena Villar, Antía Otero, Mario Regueira, Marcos Calveiro, Xabier López López, Xosé Mª Lema, Anxos Sumai, Rosa Aneiros, Dores Tembrás, Francisco Castro, Xoán Carlos Domínguez, Antón Cortizas, María Reimóndez, Elena Gallego ou Yolanda Castaño ou Carlos Negro sumáronse a unha proposta que tamén avalaron cos seus nomes desde a música Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Roi Casal, Mónica de Nut, Os da Ría, Sés ademais de Pedro Brandariz, María Mera, Mónica Camaño, Federico Perez ou Avelino González desde as artes escénicas, xunto con outros moitos nomes do ámbito cultural que queren que as súas intervencións sexan recollidas en galego nos medios.
xoves, 3 de abril de 2014
Pais, profesores e estudantes piden á Defensora unha reunión para falar de libros, comedores, recortes e LOMCE de xeito "urxente"
A Plataforma Estatal pola Escola Pública,
integrada por asoaciones de pais de alumnos (CEAPA), traballadores de
centros educativos (FE-CCOO, STES-i, FETE-UGT, CGT e MRPs), alumnos
(Sindicato de Estudantes, FAEST e Estudantes en Movemento),
solicitou á Valedora do pobo, Soidade Becerril, unha reunión "urxente"
para falar de libros de texto, comedores e malnutrición infantil, recursos humanos nos centros, investimento educativo e LOMCE, entre outros.
Nunha carta, enviada este martes á institución do Valedor do pobo, estas organizacións piden que o encontro se produza o antes posible.
A Plataforma, creada a raíz da reforma educativa do actual Goberno,
para xuntar as voces de varias entidades de pais, profesores e
estudantes, protagonizou varias folgas educativas, así como
manifestacións e campañas en contra da LOMCE e os recortes.Entre as actuacións máis destacadas, cabe citar a 'Consulta cidadá pola educación', iniciada a finais de setembro e cuxos resultados --máis de dous millóns de firmas-- foron presentados no Pazo da Moncloa o pasado mes de novembro.
A Plataforma Estatal pola Escola Pública puxo en marcha unha campaña para que os centros escolares non cambien os libros de texto coa entrada en vigor o curso que vén da LOMCE en primeiro, terceiro e quinto de Primaria polo gasto que isto supón para as familias. Ademais, considera que nos novos deseños curriculares non se producen cambios importantes, polo que os libros utilizados ata agora poderían servir malia o cambio lexislativo.
O drama educativo
O informe PISA supón un novo revés a España, esta vez en habilidades prácticas.
Unha e outra vez, o informe PISA insiste en advertir de que o nivel
dos alumnos españois está lonxe do que debería ser. Se en probas
anteriores obtiveran mediocres resultados en matemáticas, ciencias e
comprensión lectora, a última avaliación realizada demostrou que en
habilidades prácticas os resultados son peores. Nunhas probas que miden a
capacidade para desenvolverse na vida, como programar o aire
acondicionado ou sacar un billete de transporte combinado, os alumnos
españois de 15 anos están 23 puntos por debaixo da media dos países da
OCDE e 30 puntos por debaixo de Francia, Italia e Alemaña.
Trátase dun auténtico drama do que non parecen ser de todo conscientes os responsables en todos os ámbitos. Perdeuse -dende hai tantos anos- demasiado tempo en loitas ideolóxicas estériles sobre o papel que debe ter a relixión na escola ou sobre que valores se han de transmitir en lugar de buscar o consenso necesario para dar o xiro que a educación necesita no noso país. Non houbo reforma capaz de endereitar a situación, e está por ver que a última poida achegar cambios substanciais. "Fai falta un cambio radical na metodoloxía do ensino", afirmou a secretaria de Estado de Educación, para superar modelos "anticuados" baseados só en memorización de contidos. O que o informe PISA suxire é que hai que dotar os alumnos das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos que adquiren; o importante non é canto se sabe, senón que se pode facer co que se sabe, e ser ademais capaz de aprender o que se ignora.
Cun profesorado decimado, desanimado e sen posibilidades de reciclaxe, dificilmente se poderán vencer as inercias didácticas que conduciron a estes resultados. A educación requiría e segue requirindo un pacto de Estado que permita alcanzar un diagnóstico fiable das carencias que temos e aplicar os cambios necesarios. É urxente, en primeiro lugar, unha formulación pedagóxica moito máis orientada a desenvolver capacidades e habilidades creativas. E en segundo lugar, medidas de reforzo da actividade docente, con programas destinados a mellorar a capacidade didáctica do profesorado e de apoio aos alumnos máis demorados. Sen medidas extraordinarias, dificilmente lograremos superar o diferencial que nos separa dos mellores.

Como cho digo ;-)
O martes da semana pasada botou a andar a iniciativa a prol da visibilidade do galego "Como cho digo :-)".
A idea é chamar a atención sobre o estraño comportamento dos medios de comunicación galegos, que non só adoitan ignorar a lingua propia do país que os acolle senón que, ademais, insisten, en non poucas ocasións, en traducir ao castelán, as declaracións dos que en galego nos expresamos. En calquera outro lugar do mundo semellaría un comportamento dunha estraña excentricidade, mais en Galicia, infortunadame, é o costume habitual.
Eu teño padecido isto en non poucas veces. Lembro un episodio moi en
especial. Eu viña de publicar unha das miñas novelas e como ía
presentarse en Vigo, varios xornais entraron en contacto comigo para
entrevistarme. Un deles, non direi cal pero tampouco é moi difícil de
adiviñar, publicou íntegra a entrevista...traducida ao castelán. Lembro o
meu desgusto e o rebote monumental que pillei ao velo. Recordo que
provoquei un pequeno incendio nas redes sociais. E lembro que ese mesmo
xornal me chamou unhas semanas despois para pedirme unha opinión, como
escritor, arredor dun asunto que xa non lembro. Atendín á xornalista coa
mellor das disposicións e, cando rematou de me preguntar, díxenlle que
só aceptaba que reproducise as miñas verbas se saían en galego. Notei a
súa comprensión, mais tamén a súa tristura ao me recoñecer que non podía
asegurarmo. Insistín en deixarlle moi claro que se non saían as miñas
palabras en galego que non autorizaba a súa reprodución.
Ao día seguinte publicouse a reportaxe sen a miña parte. Todo en
castelán. E eu desaparecín pola extravagante petición de pedirlle a un
xornal galego que me publícase as miñas propias verbas tal e como eu as
dixera.
Espero que campañas coma esta da que agora falamos axuden a que os
medios de comunicación de Galicia nos respecten e traten, tamén
lingüisticamente, como nos merecemos.
Francisco Castro
Logo da reclamación feita pola Plataforma en Defensa do Ensino Público, a Consellería de Educación anunicia o mantemento dos libros de texto para o curso vindeiro
Ante as reiteradas demandas da Plataforma en Defensa do
Ensino Público e os distintos Consellos Escolares en contra do cambio
dos libros de texto para o curso escolar 2014/15, a Consellería vén de
anunciar o seu mantemento.
Un dos obxectivos da Plataforma en Defensa do Ensino Público é esixir o completo financiamento do ensino público con fondos públicos e reclamar a recuperación da gratuidade dos libros de texto e a potenciación de alternativas como os bancos de libros, xa creados en numerosos centros.
Aquí poñemos á vosa disposición un modelo para as ANPA que esteades interesadas na creación dun banco de libros.

A CIG-Ensino visitou os centros con cursos CELGA para informar dos despedimentos do profesorado que os impartía até este ano
A CIG-Ensino denuncia que Política Lingüística seleccionou novo profesorado sen criterio públicos e transparentes
A CIG-Ensino visitou este luns 1 de abril
os centros nos que se empezaban a impartir cursos CELGA acompañando a
profesores e profesoras que foron despedidos para informar aos
asistentes da actuación da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O obxectivo da CIG-Ensino era tamén o de persuadir ao profesorado que aceptou impartilos de que estaba a tempo de solidarizarse con profesorado despedido despois de que o sindicato denunciara na Inspección de Traballo que estaban traballando sen contrato e sen ser dados de alta na Seguridade Social.
A CIG-Ensino puido comprobar que nalgúns cursos o profesor/a non se presentou este primeiro día e que tamén a Secretaría Xeral de Política Lingüística recorreu, non se sabe con que criterio, a persoal que non é docente da especialidade de Lingua e Literatura Galega e que se prestou a impartilos diante das dificultades da Xunta para atopar docentes.
A CIG-Ensino xa acudiu o xoves 27 de marzo á EGAP, en Santiago, para intentar persuadir ao profesorado que accedeu a impartir os cursos e que foi convocado pola SXPL para ese día. “Ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, non lle chega con despedir a este profesorado senón que aproveita para estender a súa rede caciquil ao seleccionar aos docentes de maneira nepotista. A inmensa maioría do profesorado de Secundaria negouse a ser cómplice desta actuación vengativa e represora”, explica Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino, “o que levou incluso a que haxa cursos que non se impartan recaendo sobre os usuarios as consecuencias de que isto suceda”,
mércores, 2 de abril de 2014
Os alumnos españois empeoran os seus resultados na proba de 'resolución de problemas' da vida cotiá
ÚLTIMO INFORME DE PISA
Os alumnos españois empeoran os seus resultados na proba de resolución de problemas na vida cotiá do último Programa para a Avaliación Internacional dos Alumnos (PISA), cunha puntuación de 477 puntos, 23 por debaixo da media da OCDE (500 puntos) e cinco menos que as realizadas no ano 2003. Así, España sitúase no posto 23 dos 28 países da OCDE que participan nesta proba.Aínda que os resultados de lectura, matemáticas e ciencia da mesma edición de PISA 2012 se deron a coñecer o pasado 3 de decembro, a OCDE presenta este martes, de forma separada, os relativos á área transversal de 'resolución de problemas', que nesta ocasión se realizou en formato dixital. Para a realización desta proba, PISA avaliou 2.500 alumnos españois de 181 institutos.
Os resultados demostran que os estudantes españois teñen dificultades para comprar unha combinación de billetes se xorden complicacións como perder un dos medios de transporte, ter que pagar unha penalización, atrasos, etc. Tamén presentan dificultades para manexar e programar aparatos electrónicos complexos aínda que cotiáns, como un mp3, unha aspiradora ou o termóstato do aire acondicionado ou calefacción.
O obxectivo non consiste no que os estudantes aprenderon, senón que se poden extrapolar o que saben e trasladalo de forma creativa. A economía mundial non se centra só no que sabe, senón no que se pode facer co que se ten; a empleabilidad depende da capacidade para aplicar o que se aprendeu", aseverou o director de PISA, Andreas Schleicher, que acompañou á secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Montserrat Gomendio, na presentación dos resultados.
A puntuación media obtida por España correspóndese ao nivel 2 dos seis establecidos en PISA, de maneira que un alumno medio español de 15 anos é capaz de interpretar nun mapa de estradas a ruta máis curta cando o tempo do itinerario vén dado, seleccionar un despregable o mellor punto de encontro para tres persoas que viven en lugares diferentes, comprar o billete máis barato, combinando metro, autobús e tren nunha cidade na que nunca estivo, etc.
O Lugo vai a escola
Máis de 4.000 alumnos de 120 colexios usarán un caderno sobre o club lucense editado por Santillana para aprender xeografía de xeito atractivo. Miguel García, ex-xogador que traballa para a editorial, o artífice.
Catro mil rapaces de 10 e 11 anos, de 120 colexios lucenses, aprenderán xeografía co Club Deportivo Lugo. E de paso, o equipo lucense xogará a Champions e o Mundial. Unha iniciativa pioneira: a primeira deste tipo entre a editorial Santillana e un club de fútbol. Co título de O Lugo fai escola, trátase dun caderno de actividades para nenos de quinto e sexto de Primaria.O proxecto foi ideado por Miguel García, ex-capitán e ex-técnico do Lugo e empregado de Santillana, que llo propuxo en setembro ao club, que aceptou sen pensalo. A idea, nas verbas de Miguel García, é facilitar a aprendizaxe da “xeografía de España, de Europa e do mundo” de xeito ameno aos rapaces. A través do Club Deportivo Lugo, os escolares viaxarán por toda España na Liga Adelante, e usarán a imaxinación para argallar unha Champions e un Mundial onde xoguen o equipo lucense. “Por primeira vez na súa historia, o Lugo vai xogar na Champions. Propónselles aos profesores e alumnos que fagan a súa propia Liga de Campións. E o Mundial de Brasil, que tamén o xogará o Lugo”, salientou Miguel García.
Iago Díaz, xogador do primeiro equipo, estivo presente na presentación por ser un dos protagonistas do caderno. O representante de Santillana calificouno como “o presente e o futuro" do club: "Iago é un xogador da casa, de club, que sabe o que é xogar no Polvorín, na Cheda, prácticamente en todos os campos da provincia". Tanto Miguel García como Carlos Mouriz, director xeral do Lugo, salientaron a intención de “xenerar ilusión por xogar no Lugo”. A Mouriz gustaríalle que sirvese de paso para sumar seareiros en toda a provincia para o equipo. Iago Díaz amosouse encantado de poder servir de exemplo para os rapaces lugueses.
martes, 1 de abril de 2014
Nova concentración da CIG-Ensino co profesorado CELGA para defender os seus dereitos laborais
Realizouse este luns 31 de marzo diante da Secretaría Xeral de Política Lingüística
A CIG-Ensino convocou este luns 31 de
abril unha nova concentración co profesorado CELGA diante da Secretaría
Xeral de Política Lingüística para denunciar a actuación da Consellaría
de Educación que decidiu despedir a estes docentes despois de reclamaren
a regularización da súa relación laboral coa Xunta. Esta concentración
prodúcese na véspera de que se inicien o cursos preparatorios para obter
os CELGA que até este ano impartía este profesorado en paro.
Esta concentración súmase as xa realizadas con anterioridade
pola CIG-Ensino encamiñadas ao recoñecemento dos dereitos laborais do
profesorado colaborador que impartía cursos preparatorios. “A esta
altura a CIG-Ensino -explica Anxo Louzao, secretario nacional da
CIG-Ensino- xa sabemos que a Consellaría de Educación está tendo moitas
dificultades para conseguir profesorado en activo que queira impartir os
cursos como horas extras. Temos coñecemento de que están recorrendo a
persoal non docente, que teña a titulación de galego ou de galego
portugués, e incluso está dicíndolle aos concellos que busquen eles
profesor/a”, engadiu.
A CIG-Ensino tamén acudiu o pasado venres á EGAP, en Santiago, para intentar persuadir ao profesorado que accedeu a impartir os cursos e que foi convocado pola SXPL para ese día. “Alí mesmo puidemos comprobar que non chegaban a trinta as persoas que aceitaron o convite da SXPL, unha cifra coa que non poderían cubrir a totalidade de cursos que ofertan”, engadiu Louzao. A CIG-Ensino tamén convocou para a tarde deste luns 31 asembleas informativas nos seus locais co profesorado afectado para abordar propostas de actuación.

POR UNHA ESCOLA PÚBLICA LAICA
RELIXIÓN FÓRA DA ESCOLA !
O Laicismo, aparece historicamente como un dos principios básicos de toda democracia, vinculado ao recoñecemento da liberdade de pensamento, á igualdade entre a cidadanía, en dereitos e deberes e, xa que logo, á non discriminación por razón das súas ideas e crenzas.
A Escola é, xustamente, unha desas institucións públicas, onde é preciso observar -de forma máis escrupulosa- o principio de laicidade ou neutralidade por ter como función a satisfacción dun dereito universal, como é a Educación, que incumbe ao conxunto das cidadás e cidadáns sen excepción.
De acordo cos fins que lle son propios, a Escola ha de educar sen dogmas, en coñecementos científicos e universais, en valores humanistas e cívicos, no respecto aos dereitos humanos, na asunción da diferenza e da diversidade, sobre a base da igualdade en dignidade e dereitos, nos principios éticos e democráticos que son comúns a todos, sen distinción.
Os Centros Escolares NON deben ser, en ningún momento, un lugar de exclusión e discriminación. Nenos e nenas non deben ser separados en función das crenzas ou conviccións das súas familias. En consecuencia, a relixión, nas súas formas confesionais, debe saír do currículo e do ámbito escolar, co fin de respectar os dereitos de toda a comunidade educativa e para que non se interrompa o normal funcionamento da organización dos centros educativos
Unha aposta decidida pola Escola Pública, Gratuíta, Democrática e Laica, por parte da sociedade e dos poderes públicos, é unha garantía para avanzar cara a un modelo educativo integral, compensador de desigualdades e que eduque para a convivencia, dentro dun proxecto común de cidadanía, inclusivo. Actualización da campaña: Ante os ataques que está sufrindo a Escola Pública e ante a confusión dalgunhas mensaxes sociais e políticos, reafirmamos a nosa loita por unha Escola Pública Laica, que garanta o dereito universal á Educación, no respecto estrito aos principios democráticos.
En defensa do laicismo no marco escolar e baixo o lema:
¡Relixión fóra da Escola!
Esiximos:
• A derrogación dos Acordos coa Santa Sé.
• Que a relixión deixe de formar parte do currículo e do horario lectivo, saíndo da Escola.
• Que ningunha simboloxía relixiosa teña presenza institucional nos centros escolares.
• Que con diñeiro público non se financie o adoctrinamiento relixioso en ningún centro escolar ou que segregue por razón de sexo ou por outra natureza ideolóxica ou social.
Asina AQUÍ
(Sinaturas que chegarán ao Congreso dos Deputados, ao Ministerio de Educación e ao Consello Escolar do Estado e se fará periódicamente ampla difusión das mesmas)
Manifesto por unha escola Pública e Laica ¡Relixión fóra da escola!

O STEG distribuirá un documento de 32 accións de 'desobediencia' á LOMCE
O secretariado nacional do sindicato educativo STEG aprobou
esta fin de semana un documento de medidas de desobediencia á LOMCE,
que comezará a difundir nos vindeiros días entre a comunidade educativa.
Son, en total, 32 accións que buscan obstaculizar a aplicación da
contestada lei ou minimizar os seus efectos. Entre elas, hai
algunhas que poden adoptar os consellos escolares, outras que
corresponderían ao profesorado e outras que se dirixen ás nais e pais. Ningunha delas é ilegal e enmárcanse, como destaca José Manuel Cabezudo, na filosofía da "desobediencia civil".
Nas vindeiras semanas sindicato comezará a envialo aos centros educativos, poñelo en común cos mestres nas asembleas de profesorado que realizan, e tamén o distribuirá entre as asociacións de pais e nais. Pode que mesmo sexa impreso e encadernado, de xeito que funcione nos vindeiros anos como un manual de uso para opoñerse á LOMCE, que comezará a aplicarse o vindeiro ano en tres cursos de primaria e un de formación profesional básica. "Hai quen di que se hai un cambio de goberno en 2015, esta lei vai ter pouco percorrido, pero unha vez que unha lei comeza a aplicarse, despois é difícil reverter algúns dos seus efectos. Por iso están tan empeñados en acelerar a súa implantación", advirte.
Outras das accións propostas dependen dos pais e nais, aos que se lles pide, por exemplo, que non escollan para os seus fillos e fillas a materia de Relixión, outra das grandes beneficiadas da nova lei. Tamén lles piden que "escollan materias que na LOMCE van quedar relegadas a un segundo plano, coma a educación artística ou a filosofía". "Pedímoslles a nais e pais que pensen no que sería bo para os seus fillos e fillas", conclúe.
Son, en total, 32 accións que buscan obstaculizar a aplicación da contestada lei ou minimizar os seus efectos. Entre elas, hai algunhas que poden adoptar os consellos escolares, outras que corresponderían ao profesorado e outras que se dirixen ás nais e paisO documento estrutúrase en varios bloques, comezando polo artigo da lei que en cada caso se denuncia, a medida concreta que recomenda adoptar para contrarrestalo, o colectivo que pode adoptar esta medida (consello escolar, claustro de profesores ou nais e pais) e as consecuencias negativas que podería ocasionar á persoa ou persoas que sigan a recomendación. "Na meirande parte dos casos non hai ningún tipo de consecuencia negativa ou posibilidade de sanción, por suposto, agás no caso de que algún mestre se negue a realizar algunha das avaliacións fixadas pola lei", destaca Cabezudo.
Nas vindeiras semanas sindicato comezará a envialo aos centros educativos, poñelo en común cos mestres nas asembleas de profesorado que realizan, e tamén o distribuirá entre as asociacións de pais e nais. Pode que mesmo sexa impreso e encadernado, de xeito que funcione nos vindeiros anos como un manual de uso para opoñerse á LOMCE, que comezará a aplicarse o vindeiro ano en tres cursos de primaria e un de formación profesional básica. "Hai quen di que se hai un cambio de goberno en 2015, esta lei vai ter pouco percorrido, pero unha vez que unha lei comeza a aplicarse, despois é difícil reverter algúns dos seus efectos. Por iso están tan empeñados en acelerar a súa implantación", advirte.
Hai algunhas referidas "a recuperar a democracia nos centros educativos, que desaparece coa LOMCE, ao retirarlle o poder decisorio aos Consellos Escolares e centralizar a toma de decisións nas direccións dos centrosEntre as 32 medidas recollidas no documento hai algunhas referidas "a recuperar a democracia nos centros educativos, que desaparece coa LOMCE, ao retirarlle o poder decisorio aos Consellos Escolares e centralizar a toma de decisións nas direccións dos centros" -destaca o representante do STEG- "a programación didáctica do centro era sempre aprobada polo Consello Escolar e o Claustro e agora pode ser aprobada unicamente polo director". "Por iso, pedímoslles aos membros dos consellos escolares e dos claustros que fagan unha certa presión, que fagan as súas propostas, o director non ten a obriga de aceptalas, pero hai que intentalo", destaca.
Pídeselles ás nais e pais que non escollan para os seus fillos e fillas a materia de Relixión, outra das grandes beneficiadas da nova leiDe igual xeito, a LOMCE permite que os Concellos poidan ceder solo público para a construción de centros privados. "Solicitámoslles aos consellos escolares que se dirixan aos concellos para que non cedan estes terreos", explica. Cabezudo tamén se refire ao polémico artigo 122 da LOMCE, que fai referencia á posibilidade dos centros de secundaria de especializarse, seguindo a filosofía do "proxecto educativo de calidade". "Para nós esta é simplemente unha escusa para fomentar a educación privada e construír centros de elite, como os que xa están funcionando en Madrid. Pedímoslles aos consellos escolares dos centros que non se sometan a este modelo de especialización dos centros de secundaria", di.
Outras das accións propostas dependen dos pais e nais, aos que se lles pide, por exemplo, que non escollan para os seus fillos e fillas a materia de Relixión, outra das grandes beneficiadas da nova lei. Tamén lles piden que "escollan materias que na LOMCE van quedar relegadas a un segundo plano, coma a educación artística ou a filosofía". "Pedímoslles a nais e pais que pensen no que sería bo para os seus fillos e fillas", conclúe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)