CIG-Ensino
e A Mesa entregaron unha queixa dirixida á Valedora. “Coa Lomce empeora
a situación de discriminación e marxinación que xa provocou a
aprobación do decretazo”.
CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística presentaron unha queixa na Valedora do Pobo
solicitándolle que inste a Consellaría de Educación a garantir que en
todos os cursos da ESO se garanta, “como mínimo”, o mesmo número de
horas de ensino en galego que en español.
Ambas as dúas organizacións denunciaron que a entrada en vigor da Lomce -e a conseguinte modificación dos currículos da ESO e da carga horaria das materias- empeorou a situación de “discriminación e marxinación” que xa provocara a aprobación do Decreto do Plurilingüismo. Un decreto, afirman, que foi rexeitado “maioritariamente pola sociedade galega e declarado ilegal, boa parte do seu articulado, polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza”.
Anxo Louzao e Marcos Maceira, secreario nacional de CIG-Ensino e presidente da Mesa respectivamente, defenden que as mudanzas curriculares derivadas da aplicación da lexislación básica estatal deben ser acompasadas coas modificacións necesarias na normativa educativa galega para non continuar afondando na marxinación e discriminación do galego.
Coa nova lexislación educativa o alumnado de ESO ten 31 horas en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas. “Esta distribución horaria dá como resultado que na ESO o alumnado reciba 13 horas menos de docencia en galego que en español, na modalidade de ensinanzas aplicadas, e 10 menos nas académicas”, explicou Anxo Louzao.
Marcos Maceira insistiu na urxencia de que a Consellaría de Educación, que ten competencias para actuar, tome medidas para compensar esta discriminación. O presidente da Mesa lembrou os acordos pola normalización lingüística que foron recollidos nunha declaración conxunta promovida pola Mesa o 15 de xullo de 2015 e ratificados por todos os partidos con representación en Galiza, incluído o PP. “Se queren cumprir os acordos aos que se comprometeron teñen que facelo inmediatamente”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario