A tendencia segue como estaba e só unha lixeira redución no número de falecementos consegue amortecela un chisco.
Galicia perdeu case 7.000 habitantes entre xaneiro e xuño deste ano
pola vía do movemento natural da poboación, isto é, pola diferenza entre
nacementos e mortes. Segundo os datos provisionais do INE para o
primeiro semestre de 2016 nese período naceron en Galicia 9.398 persoas,
un 1,2% menos que no mesmo treito do ano anterior, e morreron algo máis
de 16.300, unhas 700 menos que en 2015.
A combinación de ambos factores dá lugar a un saldo vexetativo de -6.951 persoas, lixeiramente menos negativo que o do mesmo período de 2015 (-7.511, segundo os datos definitivos dese ano) pero na liña dos rexistros de 2014, 2013 ou 2012. Estes datos van na liña dos xa avanzados polo Instituto Galego de Estatística para o primeiro trimestre do ano e rexístranse despois dun ano, 2015, no que a fenda entre nacementos e mortes foi no país a maior da serie histórica.
O devalo demográfico unido ao feito de que, cando menos polo momento, os datos de inmigración non compensan o baixo número de nacementos nin ás emigracións, debuxa un complexo panorama que dende o Goberno galego se deu en afrontar nos últimos tempos a través do seu Plan de Apoio á Natalidade (PAN). Entre as medidas máis publicitadas deste plan, aínda en desenvolvemento, figura o 'cheque bebé' da Tarxeta Benvida -unha tarxeta de 100 euros mensuais durante un ano- ou a alcumada como 'caixa finlandesa', o paquete de agasallos que Xunta e PP deron en equiparar aos amplos apoios á crianza que proporciona o Estado nese país nórdico. A estas medidas engádense outras como as "casas niño" -un programa semellante ao desaparecido Preescolar na Casa- que, di a Xunta, fan de Galicia "o mellor lugar para ser neno".

Ningún comentario:
Publicar un comentario