martes, 24 de novembro de 2015

Presentado o Correlingua 2016

As entidades organizadoras do Correlingua (Asociación Socio-Pedagóxica Galega; CIG-Ensino; A Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense) presentaron a décimo sexta edición desta iniciativa lúdico-didáctica deseñada para que o alumnado de todos os ciclos educativos reivindique publicamente o uso do galego. A carreira, que nesta edición leva por lema "O galego está en nós" (en homenaxe ao poeta Manuel María), percorrerá doce localidades galegas entre os días 2 e 16 de maio de 2016.
Máis información aquí.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario