mércores, 7 de marzo de 2012

A RAE cre que se utilizamos a linguaxe non sexista, “non se podería falar”

05/03/2012
A RAE aprobou un informe no que se critican as directrices contidas en nove guías sobre linguaxe non sexista elaboradas por comunidades autónomas, sindicatos e universidades. Segundo a RAE, de se aplicar estritamente o que defenden as ditas guías, "non se podería falar". A RAE cre que se utilizamos a linguaxe non sexista, “non se podería falar”

O pleno da Real Academia Española (RAE) aprobou o informe Sexismo lingüístico y visibilidad de la mujer, do seu académico Ignacio Bosque, no que se critican as directrices contidas en nove guías sobre linguaxe non sexista elaboradas por comunidades autónomas, sindicatos e universidades. Segundo a RAE, de se aplicar estritamente o que defenden as ditas guías, "non se podería falar".
No informe sostense que a sensibilidade defendida polas guías (nas cales se recomenda, por exemplo, dicir "a cidadanía" no canto de "todos os cidadáns", ou “as persoas bolseiras” en pago de "os bolseiros", ou "as persoas sen traballo" en conta de "os parados") exclúe as prácticas e o sentir xeral dos falantes, e que nelas se adoita chegar a "unha conclusión inxustificada": "supoñer que o léxico, a morfoloxía e a sintaxe da nosa lingua han de facer explícita sistematicamente a relación entre xénero e sexo, de forma que serán automaticamente sexistas as manifestacións verbais que non sigan tal directriz, xa que non garantirían a visibilidade da muller".
Non obstante, Bosque ten claro que o propósito último das guías de linguaxe no sexista é loable, xa que queren "contribuír á emancipación da muller e a que acade a súa igualdade co home en todos os ámbitos do mundo profesional e laboral", pero considera que non ten sentido "forzar as estruturas lingüísticas para que constitúan un espello da realidade" nin "impulsar políticas normativas que separen a linguaxe oficial da real".

Máis información en Público.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario