29/02/2012
Este mércores 29 de febreiro chegou á rede Dioivo, un novo medio dixital en galego creado por un grupo de xornalistas que decidiron tomar a iniciativa e crear un novo espazo de información. O proxecto naceu a raíz do peche de diversos medios e reúne un variado grupo de profesionais que, dende o pasado mes de outubro, traballou na concepción da nova cabeceira.
O proxecto Dioivo presenta varias peculiaridades que o diferencian dun medio convencional. Por exemplo, está xestionado desde unha asociación cultural, e sostense en boa medida polo traballo voluntario dos seus promotores. Ademais, a iniciativa pretende “contar o que ninguén conta”. Segundo explica un dos seus promotores, “apostamos pola análise e a interpretación mediante temas propios, aínda que haberá tamén algunhas novas”.
O novo medio non trata de cubrir toda a actualidade, senón de atender a perspectivas alternativas e cubrir temas que non entran na axenda doutros medios. “Traballamos cultura, deportes, política e iriamos cubrindo outros temas tamén segundo o interese dos nosos colaboradores. Desde a perspectiva de sermos máis unha revista do que un xornal dixital, trataremos temas de xeito máis amplo, sen estar constantemente apegados á realidade nin actualizar constantemente”.
Máis información no portal culturagalega.org.
O web do novo medio é http://www.dioivo.eu/.

Ningún comentario:
Publicar un comentario