No seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG), o filólogo Henrique Monteagudo considerou "unha falacia" a imposición do galego e avogou por "defender, cultivar e avogou por "defender, cultivar e promover" o noso idioma.
Así mesmo, cualificou tamén de falacia a contraposición entre normalización do galego e liberdade lingüística: "É unha falacia que nace tanto dunha serie de malentendidos da primeira como de lecturas tendenciosas da segunda", sentenciou.
Fronte a isto asegurou que a "liberdade lingüística é unha condición esencial da normalización", do mesmo modo que a normalización é condición esencial da liberdade lingüística". Así, puntualizou que a normalización "ben entendida" ten como obxectivo establecer "as condicións do exercicio da liberdade dos falantes".
"A imposición do galego é unha falacia. Se o galego é un dereito fundamental en Galicia, carece de sentido falar de imposición do galego no seu territorio", asegurou antes de sinalar que "o que en realidade acontece é que hai persoas e estamentos sociais que aspiran a vivir e desenvolverse en Galicia ignorando a súa lingua".
Pode consultarse un resumo do discurso aquí.
Información tirada de Galicia Confidencial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario