Os titulares da Consellería de Cultura e mais do Consello da Cultura galega asinaron un acordo de colaboración para favorecer as actuacións de dinamización da lingua galega, no marco do cal as entidades integrantes da Rede de Dinamización Lingüística terán acceso a diversos recursos, información e ferramentas de utilidade para o traballo en planificación lingüística desde o ámbito municipal.
Ao abeiro desta iniciativa porase tamén en marcha o buscador de novas de actualidade relacionadas coa lingua, como ‘Lingua en titulares’, e mais a plataforma web ‘d-Lingua’.
Ademais, crearase o boletín mensual ‘Novas da Rede de Dinamización Lingüística’ e actualizarase o ‘Kit para a normalización lingüística’.
Máis información no web da SXPL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario