mércores, 7 de marzo de 2012

Cae a publicidade emitida en galego na Televisión de Galicia

23/02/2012
O director da Compañía de Radiotelevisión de Galicia detallou os tempos dedicados á publicidade en galego na Galega durante os últimos tres anos, que pasou de 50,03 % no ano 2009 ao 51,21 % no 2010 e ao 41,3 % en 2011.
O director da Compañía de Radiotelevisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, detallou os tempos dedicados á publicidade en galego na Galega durante os últimos tres anos, que pasou de 50,03 % no ano 2009 ao 51,21 % no 2010 e ao 41,3 % en 2011. Pola súa banda, a Radio Galega só emite cuñas en galego.

A crise económica que repercute nos grandes anunciantes, a caída "importante" da publicidade institucional (estatal e autonómica) ou a desaparición das caixas de aforros galegas que operaban como tal son algunhas das razóns que esgrimiu Alfonso Sánchez Izquierdo para explicar os motivos polos que descendeu a publicidade emitida en galego na Televisión de Galicia.

Máis información en europapress.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario