Forman parte da plataforma asociacións culturais, feministas, profesionais, deportivas, sindicais e políticas que decidiron crear e impulsar esta iniciativa plural e cidadá en defensa dos medios públicos.
Así mesmo, calquera persoa ou entidade pode asinar o manifesto Mira por elas, que reclama, entre outras cousas, que a CRTVG “defenda a identidade nacional de Galiza, promova o coñecemento e a difusión da súa historia e a súa cultura e impulse a normalización da súa lingua”, “informe con veracidade, imparcialidade, independencia e pluralidade”, “estimule a participación democrática mediante unha regulación que asegure a aplicación efectiva do dereito de acceso aos medios públicos dos grupos sociais e políticos, sen excluír as minorías”, etc.
Información tirada do web da CTNL.
Máis información no web da campaña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario