Para esta campaña, os promotores contan co apoio de concellos, institucións e entidades culturais, organizacións sindicais, artistas e intelectuais, que cren necesario aproveitar as posibilidades que teñen as festas e romarías para difundir os valores primordiais da nosa identidade diferenciada.
A iniciativa das Mil festas máis para a lingua galega ten este ano en Prudencio Romo, o cantante do mítico grupo Los Tamara, un exemplo de galeguismo musical que debe ser imitado por todos aqueles que interveñen nas programacións festeiras. Con este motivo, renderáselle merecida homenaxe o vindeiro día 22 de marzo, nun acto que se celebrará na Cidade da Cultura ás 18 horas, amenizado polo laureado coro Cantigas e Agarimos.
Máis información e manifesto no portal Galeguizar Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario