Concentrouse en Mondoñedo, onde estiveron vixiados por una mplo dispositivo policial. “Puxéronsenos impedimentos para exercer a nosa liberdade de expresión”, denunciou Anxo Louzao.
O IES San Rosendo de Mondoñedo acollía esta terza feira a inauguración oficial do curso escolar, acto que contou coa presenza da raíña Leticia Ortiz e o ministro de Educación. Na localidade da comarca mariñán concentráronse varias ducias de persoas, convocadas pola CIG-Ensino, para denunciar os recortes no ensino público e exixir a derrogación da LOMCE e a eliminación das reválidas.Anxo Louzao, secretario nacional da CIG Ensino, denunciou “os impedimentos que se nos puxeron para exercer os dereitos á liberdade expresión, xa que se nos obrigou a cambiarnos de lugar e se nos identificou a todos e a todas malia que tiñamos solicitado o permiso para concentrarnos. É unha mostra máis de como coa lei mordaza intentan acalar todas as protestas e as voces discordantes contra a LOMCE e a política educativa do PP”
As persoas concentradas lembraron a insubmisión ás reválidas de 3º e de 6º de primaria o curso pasado, cando o 80% das familias non mandaron aos seus fillos e fillas a realizar estas probas. Un bo exemplo do rexeitamento que xera na comunidade escolar esas probas e a LOMCE, consideran desde o sindicato nacionalista.
“A situación preséntase moito máis complicada este curso pola implantación das reválidas de 4º ESO e de 2º Bacharelato, que no caso desta última, vai ser a proba de acceso á universidade, cando a esta altura non se coñecen nin as características, nin o deseño, nin o seu contido”, explicou Anxo Louzao. O fechamento neste curso de 64 unidades e 13 escolas no ensino público mentres que se crean 38 unidades máis na privada tamén é outra das denuncias realizadas pola CIG-Ensino.
Imaxes: @onosolar e @susobermello
Ningún comentario:
Publicar un comentario