O programa 'La Universidad Responde' inicia unha nova etapa cunha serie de vídeos compartidos por 25 institucións académicas de todo o Estado, incluídas as tres universidades galegas.
As respostas a estas cuestións, nunha linguaxe clara, sinxela e directa, están ao alcance de toda sociedade a través dunha iniciativa de divulgación científica na que participan 25 universidades de toda España, entre elas, as tres galegas. O obxectivo de La universidad responde é pór a disposición da sociedade unha serie de microespazos en formato vídeo nos que un representante da comunidade universitaria responde unha pregunta de interese xeral.
Ademais da plataforma propia de La Universidad Responde, cada unha das universidades participantes pode publicar e difundir estes vídeos a través dos seus propios repositorios e plataformas audiovisuais, tanto a súa produción propia como a do resto das universidades participantes. Tamén existen conversas con RTVE para a difusión a través do ente público das pezas por separado ou ben aproveitando diferentes partes das mesmas para un formato derivado.
Por outra banda, e a partir do éxito da primeira edición de La Universidad Responde e da colaboración entre universidades, nesta segunda edición estase analizando a posibilidade de poñer en marcha outros proxectos colaborativos entre os servizos audiovisuais das universidades adscritas, como por exemplo a serie transmedia Universidad y Sociedad ou un magazine de ciencia e cultura universitaria referente ao cambio climático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario