A achega das rendas de traballo caeu 4 puntos desde o inicio da crise mentres que os beneficios empresariais aumentaron dous.
O peso dos salarios no PIB galego caeu en
catro puntos desde 2009 mentres que o dos beneficios empresariais
aumentou en dous puntos. Unha evolución que dá a volta a achega que fai
cada un deles ao produto interior bruto do noso país,. A finais de 2015,
os salarios eran o 44,4 do PIB e os beneficios das empresas, o 45,5.
Sete anos antes, no 2009, cando a crise comezaba a galopar con forza, as
rendas do traballo representaban o 48,6% e os beneficos empresariais, o
43,7%. Unha diferenza de 5 puntos. Agora é só dun e a favor das
empresas.
E que significa isto? Que a crise bateu con forza nos salarios e que nesteas anos se deu a volta á tortilla, pasando a ter máis peso e aumentar os beneficios. Para alén de situar con claridade quen foi o realmente prexudicado pola crise (os asalariados).
Recentemente, UXT Galiza presentaba un informe que concluía que desde 2007 en Galiza as persoas asalariadas perderon 1.211 millóns de euros mentres que as empresas gañaban 523 millóns. “O traballadores foron os grandes perdedores dunha crise que eles non xeraron e en que as grandes culpables desta situación que se describe foron as reformas laborais e da negociación colectiva”, denunciaban desde o sindicato socialista.

Ningún comentario:
Publicar un comentario