A CIG-Ensino advirte de que neste curso escolar o horario de impartición de materias en lingua galega é aínda menor pola modificación da carga lectiva importa pola LOMCE. O sindicato maioritario no sector urxe a Consellaría de Educación a actuar.
Coa aplicación da LOMCE, a materia que antes
se denominaba Ciencias Naturais, que constaba de sete sesións lectivas
impartidas en galego (catro en 1º ESO e tres en 3º), desagregouse en
Bioloxía e Xeoloxía e Física e viu reducida a carga lectiva a seis
sesións (catro en 1º ESO e dúas en 2º no caso de Bioloxía e Xeoloxía e
ningunha no idioma propio do país no caso de Física e Química). Física e
Química, lembra a CIG, non pode impartirse en galego porque así o
impide o Decreto 79/2010.
Se a Consellaría de Educación non corrixe o novo desagravio á lingua galega, a CIG adoptará “os procedementos legais correspondentes”.
Circular exclusivamente en español
Aliás, o sindicato empraza a Dirección Xeral de Educación a rectificar de maneira urxente unha circular enviada aos centros e dirixida ás persoas auxiliares de conversa escrita que está redactada exclusivamente en español. O secretario nacional da CIG-Ensino cualifica esta decisión como “totalmente desapropiada”. “A circular até lles foi enviada ás persoas auxiliares de conversa en portugués”, lamenta.
A CIG-Ensino considera a práctica “unha renuncia ao noso idioma un incumprimento da normativa no relativo á lingua oficial da Administración e unha decisión interesada ao ocultarlles ás persoas que realizan este labor a existencia e o estatus da nosa lingua propia”.
A CIG pide que a Xunta "levante o veto para impartir certas materias en galego, nomeadamente Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía"“Esta situación provoca a diminución do horario en lingua galega, xa de por si moi reducido por mor da imposición do Decreto 79, sen que a Consellaría teña adoptado ningunha medida para garantir o emprego da nosa lingua na xa exigua carga lectiva que lle permite o decreto”, explica a CIG-Ensino, que se dirixe á Xunta para que actúe de urxencia e “adecúe as as áreas que hai que impartir obrigatoriamente na nosa lingua e levante o veto para impartir certas materias en galego, nomeadamente Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía”.
Se a Consellaría de Educación non corrixe o novo desagravio á lingua galega, a CIG adoptará “os procedementos legais correspondentes”.
Circular exclusivamente en español
Aliás, o sindicato empraza a Dirección Xeral de Educación a rectificar de maneira urxente unha circular enviada aos centros e dirixida ás persoas auxiliares de conversa escrita que está redactada exclusivamente en español. O secretario nacional da CIG-Ensino cualifica esta decisión como “totalmente desapropiada”. “A circular até lles foi enviada ás persoas auxiliares de conversa en portugués”, lamenta.
A CIG-Ensino considera a práctica “unha renuncia ao noso idioma un incumprimento da normativa no relativo á lingua oficial da Administración e unha decisión interesada ao ocultarlles ás persoas que realizan este labor a existencia e o estatus da nosa lingua propia”.
Louzao denuncia o "desleixo" de Educación co idiomaO envío da circular e a redución do horario en que as materias se imparten en galego leva a Anxo Louzao a salientar que “son novas mostras do desleixo da Consellaría de Cultura e Educación co noso idioma, desentendéndose e mesmo actuando en contra do que debe ser a súa obriga primeira: velar pola normalización plena e efectiva da lingua de noso”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario