Un total de 157 docentes disporán este curso de licenzas de formación a través das que perfeccionarán os seus coñecementos sobre cuestións como as materias curriculares dixitais ou as plurilingües e o perfeccionamento de linguas estranxeiras no exterior, entre outras.
Estes permisos por formación -que poden durar ata un máximo de tres meses- teñen como obxectivo favorecer a actualización de coñecementos a favor da innovación e da mellora da calidade da educación galega. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina máis de 1,3 millóns de euros a financiar estas licenzas a resolución das cales pode consultarse na web da Xunta.
MODALIDADES
Del total de 157 licenzas por formación concedidas nas seis modalidades convocadas, 62 son para perfeccionar linguas estranxeiras no exterior e diríxense preferentemente ao profesorado non especialista de educación primaria e secundaria e de Formación Profesional.
Outras 54 son para o desenvolvemento de proxectos individuais ou grupos de traballo (de dous ou tres membros) para a creación de materias curriculares dixitais para primaria e secundaria e atención á diversidade.
Tamén se concederon 31 permisos para -de forma individual ou grupal- a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario