luns, 26 de novembro de 2012

Xa se pode descargar Firefox 17 en galego


O navegador web de Mozilla actualizouse, polo que xa se pode descargar o Firefox 17 en galego nas súas versións para Windows, OS X e Linux. Entre as principais novidades da nova versión está que conta coa primeira revisión da Social API e soporte para Facebook Messenger.
Inclúe ademais unha importante mellora de seguridade/estabilidade, que acada mediante o bloqueo preventivo complementos que non estean debidamente actualizados. Deste xeito, os complementos non actualizados só entrarán en funcionamento coa participación activa do usuario, o que consideran que é unha maneira máis amigable de advertir da obsolescencia dos complementos que teñamos instalados.

Información tirada da revista dixital Código Cero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario