INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 14 de novembro de 2012
“Avalingua”, ferramenta de CilenisTM para examinar a calidade do galego escrito
Unha axuda para un exame minucioso do nivel de lingua.
Avalingua axudará na autoaprendizaxe e fomentará a valoración crítica dos erros cometidos coa súa análise e proposta de solucións, coa finalidade de mellorar a nosa capacidade lingüística.
Partindo dun texto escrito, este software analizarao buscando e clasificando os erros que encontre, grazas a ferramentas de procesamento da lingua natural e numerosos recursos lingüísticos. Estas mesmas ferramentas e recursos permitirán cuantificar os erros e clasificalos.
O esqueleto de Avalingua.
O sistema de avaliación automática contará con estes módulos fixos e uns constituíntes que poderán variar en función da lingua que se queira analizar:
• Identificador de erros ortográficos e léxicos + proposta de corrección, con dous submódulos:
Un corrector ortográfico tradicional.
Un identificador e clasificador de erros léxicos comúns (por exemplo, castelanismos, hiperenxebrismos... para o galego).
• Identificador de números, formas con caracteres especiais e nomes propios, que non se deben contar como erros mesmo se non forman parte do VOLG, no caso do galego, ou de un vocabulario de referencia, no caso doutras linguas.
• Identificador de formas con prefixos ou sufixos produtivos, que non están recollidos nos léxicos de referencia (chamados "Warnings").
• Identificador de erros gramaticais, como o analizador de dependencias DepPattern.
• Identificador de palabras estranxeiras, especialmente anglicismos e latinismos.
• Identificador de lingua para citas ou expresións longas noutras linguas.
Información tirada do web de Cilenis.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario