INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 14 de novembro de 2012
II edición de "Explícoche Matemáticas 2.0"
O obxectivo do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Poderá participar todo o alumnado da Facultade de Matemáticas da USC, de maneira individual ou en grupos de, como máximo, tres persoas. Os proxectos realizados deben remitirse á Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, no enderezo zmatdeca@usc.es ata o 1/3/2013. Os vídeos enviaranse en formato .avi ou .mov.
Poden consultarse as bases completas deste certame aquí.
Máis información e vídeos participantes na edición anterior no web da Facultade de Matemáticas da USC.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario