luns, 26 de novembro de 2012

A versión preliminar do Internet Explorer 10 para Windows 7 está dispoñible tamén en galego


Os usuarios de Windows 8 poden gozar, dende o lanzamento do novo sistema operativo de Microsoft, do navegador web Internet Explorer 10, que supón un importante avance con respecto a versións anteriores da aplicación, e do que por fin van poder desfrutar os usuarios de Windows 7 grazas ao lanzamento dunha versión preliminar do Internet Explorer 10 para tal plataforma, tanto en versións de 32 coma de 64 bits. Pódese descargar aquí a versión en español do navegador para Windows 7, que se queremos completaremos co paquete de interface de idiomas (LIP) correspondente se desexamos que estea dispoñible en éuscaro, catalán ou galego.
Cómpre subliñar que a instalación do Internet Explorer 10 Release Preview substitúe a instalación do Internet Explorer 9, polo que non é recomendable para usuarios que non gusten de empregar produtos aínda non rematados (que poden presentar inestabilidades) e precisa para funcionar axeitadamente un equipo cun procesador dun mínimo de 1 GHz de velocidade, 512 Mb de RAM e con algúns dos Service Pack para Windows 7 instalado previamente.

Información tirada de Código Cero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario