O obxectivo da campaña "Móllate polo galego" é aumentar a
sensibilidade dos mozos polo idioma galego, concienciándoos sobre a
importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos,
e tamén de xeito lúdico e artístico.
A campaña está impulsada pola plataforma de medios en lingua galega
Vitaminas para o galego.
A campaña presentarase este mércores 12 de setembro ás doce do
mediodía, coa participacións de Tonhito de Poi, o alcalde de Rianxo,
Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do
Barbanza.
Información tirada de Praza Pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario