mércores, 19 de setembro de 2012

Prolingua pídelles aos partidos “repoñer o consenso e o marco legal” para o galego



A plataforma Prolingua celebrou unha asemblea o pasado 15 de setembro. Nela, alén de renovar a súa cerna e aprobar o programa de actividades para o vindeiro período, fixo pública unha carta dirixida ás organizacións políticas que se presentan ás vindeiras eleccións autonómicas.
No escrito solicitan un "cambio de políticas políticas a respecto da lingua", cuns "contidos mínimos" que a asemblea xeral do colectivo sintetiza nun decálogo. O deber dos cargos públicos de utilizar o galego "no exercicio do seu cargo" e facelo cun mínimo de corrección, substituír o denominado decreto do plurilingüismo por "outra normativa que dea resposta ao mandato básico" da Lei de Normalización, que as axudas aos medios de comunicación estean "condicionadas a un incremento significativo no emprego da lingua propia" ou potenciar o uso do galego na industria e obrigar a que respecte a toponimia oficial son algúns dos puntos das reclamacións aprobadas.

Información tirada de Praza Pública e do web de Prolingua.

Ningún comentario:

Publicar un comentario