O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús
Vázquez Abad, presentou onte na Biblioteca da Cidade da Cultura de
Galicia a nova versión do corrector de galego Imaxín Galgo 2.0.
A nova ferramenta, que se pode descargar no web da Secretaría Xeral de
Política Lingüística (SXPL), está adaptada á normativa do ano 2003 e
conta coa posibilidade de funcionar en Mac e mais nas últimas versións
de Windows.
O corrector Imaxín Galgo 2.0 é unha actualización do corrector Galgo
que presenta, con respecto á versión anterior, tres novidades
fundamentais: está adaptado á normativa da Real Academia Galega de
2003, está actualizado para as novas versións de Microsoft Word para
Windows e conta con versión para Mac.
Á diferenza doutras ferramentas semellantes, ofrece a vantaxe de
solucionar, canda erros de carácter tipográfico e ortográfico, outros
de carácter léxico e mais a de que as correccións e suxestións de
vocabulario ante unha palabra incorrecta están especialmente pensadas
para a lingua galega e a súa situación de contacto co castelán.
Máis información en Galicia Hoxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario