Por defecto, os navegadores que se utilizan no Estado español usan por
defecto o castelán. Non importa que os menús estean efectivamente en
galego, pois pode ser que a lingua de referencia que utilice o
programa siga sendo o español. Isto ten implicacións importantes, por
exemplo, á hora de entrar nunha páxina con versións en varios idiomas,
nas que se abrirá automaticamente a versión castelá e non a galega, ou
no feito de que ao facer a procura dunha palabra no navegador, se
recuperen primeiro os resultados da wikipedia en español e non en
galego.
Vén de poñerse en marcha o blog Navegar en Galego co obxectivo de
ofrecer consellos prácticos e descargas de utilidade para as persoas
que queiran mudar o idioma do seu navegador. Os seus responsables
lembran que a importancia disto non é só simbólica, pois unha maior
porcentaxe de navegadores empregando o galego implica tamén un
meirande interese de empresas e administracións en poñer en marcha
versións en galego das súas webs, potencia o uso e as visitas da
Galipedia e tamén as descargas de programas e aplicacións na súa
versión galega.
Máis información en Praza Pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario