mércores, 19 de setembro de 2012

Témoslle lei: ciclo de conferencias sobre dereitos lingüísticos



O ciclo de conferencias terá lugar na Facultade de Dereito (Sala de Xuntas do Decanato) os días 28 de setembro; 5, 19, e 26 de outubro; e 9 e 16 de novembro de 2012, en horario de 12 a 14:30 horas. A actividade está destinada a todas as persoas interesadas en coñecer o alcance dos dereitos lingüísticos e as obrigas dos poderes públicos de garantilos; e nomeadamente a estudantes de Dereito, de Ciencias Políticas e da Administración, de Relacións Laborais e de Filoloxía Galega.

Máis información e programa completo no web do SNL da USC.



Ningún comentario:

Publicar un comentario