ASOCIACION
DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS "AGROMAR"
DO
CEIP. DE AGOLADA
|
ACTIVIDADES CURSO
2012-2013
|
|
Por medio da presente comunicación poñemos en
coñecemento de tódolos pais, nais e titores de alumnos/as do colexio de Agolada
que esta asociación non pode organizar nin desenrolar ningún tipo de actividade
extraescolar en este curso 2012-2013, tal e como se ven facendo tódolos anos,
desde a súa constitución como asociación; debido a carencia de recursos propios
para poder facelo, e xa que, cando se aprobou en sesión plenaria o reparto de
axudas e subvencións para as asociacións do concello, á Asociación “Agromar” de
Nais e Pais de alumnos non se lle destinou ningún diñeiro -segundo parece-, por
mor da mais que precaria situación económica que padecen as arcas municipais.
Os motivos aducidos para non outorgarlle
subvención a Asociación “Agromar” foron, sobre todo, porque, parece ser que non
hai mais diñeiro para repartir entre as distintas asociacións deste concello, a
maiores do que lles concederon a algunhas das asociacións ás que si se lle
outorgaron as axudas; e tamén porque vai ser o propio concello o que se vai
encargar directamente de organizar e desenrolar actividades extraescolares para
os/as alumnos/as do colexio -tal e como se prometeu expresamente desde a propia
Alcaldía á directiva desta asociación-, dado que –segundo se dixo-, non existe
ningún tipo de problema para acadar polo concello o financiamento externo que
sexa preciso para a realización de ditas actividades.
Aclarada, pois, cal é a situación na que se atopa
a Asociación de Nais e Pais de Alumnos, soamente nos queda pedirlles que
remitan directamente o concello de Agolada calquera petición, suxestión,
aclaración ou aportación que queiran facer en relación
coas referidas actividades extraescolares do alumnado do colexio;
agradecéndolles de antemán a comprensión de cara ó desalento que nos desacouga
a cantos temos algunha responsabilidade nesta asociación ante a imposibilidade
manifesta de non poder levar a cabo o que nos ven moralmente e
regulamentariamente atribuído a nos; ou –no peor dos casos- ante a posibilidade
dunha futura disolución da propia asociación.
Agolada,
a doce de setembro de dous mil doce.
Ningún comentario:
Publicar un comentario