O idioma galego na era dixital é unha análise das tecnoloxías da lingua, aplicacións e solucións para a nosa lingua. O informe advirte da necesidade de ter dispoñible unha tecnoloxía lingüística para todas as linguas europeas, que sexa economicamente alcanzable e que se atope perfectamente integrada dentro duns ámbitos informáticos máis amplos para acadar unha experiencia interactiva, multimedia e plurilingüe dos usuarios.
Ante o perigo de que a globalización se converta nun "mecanismo que promova o abandono do noso rico patrimonio lingüístico e cultural (...) a favor dunha lingua franca", as autoras propoñen traballar na procura de "formas de comunicarnos co mundo ao mesmo tempo que preservamos a nosa propia lingua e, con iso, a nosa identidade cultural".
A clave para as investigadoras da Universidade de Vigo está no desenvolvemento de "tecnoloxías facilitadoras" da lingua e fala, mais consideran que as dispoñibles actualmente no mercado non satisfacen as necesidades dos usuarios que se comunican en galego. Segundo as autoras, "o galego é unha das linguas da Unión Europea que necesita aínda máis investigación para que as solucións das tecnoloxías da linguaxe cheguen a ser verdadeiramente e?caces e poidan ser empregadas para un uso diario".
Conclusións
O informe conclúe que, aínda que en Galicia existe unha comunidade investigadora en tecnoloxías da lingua que conta co apoio de programas de investigación que deron froitos en forma de recursos e tecnoloxías de última xeración para o galego, "o alcance destes recursos e a variedade de ferramentas son aínda moi limitados en comparación cos recursos e ferramentas dispoñibles no caso da lingua española (e obviamente para o idioma inglés), e simplemente non son su?cientes en calidade e cantidade para desenvolver o tipo de tecnoloxías necesarias que permiten apoiar unha sociedade do coñecemento verdadeiramente plurilingüe".
De feito, o estudo alerta de que "a industria galega das tecnoloxías da linguaxe dedicada a transformar a investigación en produtos é actualmente moi pequena" xa que "a maioría de empresas grandes pararon a súa actividade ou ben reduciron drasticamente os seus esforzos en tecnoloxías da lingua".
Pódese descargar o informe completo aquí: http://www.meta-net.eu/wh
Información tirada de Galicia Confidencial.http://www.galici
Ningún comentario:
Publicar un comentario