venres, 13 de xullo de 2012

“Outlet” do libro galego en Pontevedra

O segundo outlet do Libro Galego terá lugar entre o 21 e o 29 de xullo en Pontevedra, coa colaboración do Concello e de dúas librerías da cidade. A iniciativa encrávase dentro da estratexia de promoción e visibilidade dos libros galegos, consistente na organización de espazos singulares de venda de libros a prezos de crise. A actividade representa tamén unha segunda oportunidade para títulos e autores que foron remudados polas novidades editoriais e que xa non forman parte dos escaparates e andeis das librerías galegas.
Outlet do libro galego
Café Moderno de Pontevedra
21 - 29 de xullo
Narrativa, ensaio, libro infantil e xuvenil, viaxes, música, gastronomía, viaxes, deportes, etc.

Información tirada do web da Asociación Galega de Editores (AGE).

http://editoresgalegos.org/gl/actualidad/novas/amosar/id/4006

Ningún comentario:

Publicar un comentario