mércores, 30 de maio de 2012

Xornadas formativas de actualización para o profesorado avaliador das probas Celga 2012


A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza tres xornadas formativas para os 203 avaliadores e examinadores das probas Celga 2012. As dúas primeiras xornadas terán lugar os días 18 e 19 de maio na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, mentres que a terceira xornada desenvolverase o vindeiro 25 de maio no edificio administrativo da Xunta de Galicia de Vigo.
Cada xornada formativa terá unha duración de tres horas na que se abordarán, na procura da unificación dos criterios avaliativos, da descrición dos niveis Celga (certificado de lingua galega) e mais da descrición dos parámetros de avaliación das probas orais e escritas. Lembramos que as probas para obter os certificados de lingua galega terán lugar os días 2, 3, 9 e 10 de xuño.
Máis información no web da SXPL.





Ningún comentario:

Publicar un comentario