mércores, 30 de maio de 2012

Campaña para que Twitter trate o galego igual ca o éuscaro e o catalán


A rede social Twitter confirmou que o seu servizo será traducido só ao vasco e ao catalán, ademais de ao castelán, co cal a galega será a única das catro linguas oficiais no Estado español sen identidade propia en Twitter.
A Mesa pola Normalización Lingüística anima á iniciativa popular para que se multipliquen as solicitudes individuais de que se traduza Twitter ao galego, a través da páxina do centro de traducións da empresa estadounidense.
A Mesa tamén expresa a súa preocupación polo retroceso do galego na dita rede social. Un estudo de Web Ecology Project no 2009 concluía que o galego ocupaba o posto 21 entre as linguas máis usadas nesta rede social, mesmo por diante do catalán e de máis de cen idiomas que teñen máis falantes ca os que hai en Galicia. "Pódese dicir que, de xeito pioneiro, era o único idioma non oficial nun Estado que figuraba na listaxe mundial", salienta a Mesa.

Máis información en Galicia Hoxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario