mércores, 16 de maio de 2012

Primeiros servizos lingüísticos compartidos na Rede de Dinamización Lingüística


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar a prestación conxunta de novos servizos lingüísticos para estender a dinamización social do galego a todo o territorio. Neste marco, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, tivo ocasión de coñecer en Vilamarín as accións de dinamización do galego que están a poñer en marcha xunto co concello da Peroxa, logo da recente creación dun servizo lingüístico conxunto.

Máis información no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario