mércores, 16 de maio de 2012

O fiscal superior de Galicia reclama que a RAG defenda o galego no eido xurídico

O fiscal superior de Galicia reclama que a RAG defenda o galego no eido xurídico


O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, trasladoulle nesta terza feira á Real
Nunha xuntanza co presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín, que Varela cualificou como "histórica" –é a primeira vez que un presidente da RAG vai á Fiscalía Superior de Galiza–, o fiscal informou ao intelectual de que a asociación Irmandade Xurídica Galega (Ixuga) organizará o vindeiro 16 de xuño unha homenaxe a Ramón Carballal Pernas, que exerceu na Audiencia Territorial da Coruña e foi activo promotor da incorporación do galego ao eido xurídico.
Carlos Varela reclamou ante Ferrín que o Día das Letras Galegas "debería abrirse" a figuras históricas de sectores distintos do literario "e que resultan fundamentais nestes tempos para a penetración e normalización do uso do galego". A maiores, o fiscal propuxo que a RAG elabore un vocabulario xurídico na lingua propia do país que permita aos profesionais do Dereito consultar, a través da rede, termos legais que deben empregar.
“Estamos implicados nun proceso de normalización lingüística, de modo que procuramos que todas as nosas actuacións públicas incorporen sempre o galego como lingua de expresión", destacou Varela en relación á actividade da Fiscalía, e engadiu que a memoria anual da actividade que se presenta ante o Parlamento de Galicia xa é elaborada no noso idioma.
“En casas coma esta, en audiencias e xulgados, téñense perpetrados verdadeiros e masivos insultos e atentados contra a lingua, e durante séculos moitos galegos que acudían aos tribunais sen saber falar castelán eran interrogados nunha lingua que non entendían ben, feito que os situaba nunha situación de indefensión gravísima", recalcou Méndez Ferrín, quen reclamou que a lingua galega "debe ocupar plenamente e con dereito" o seu lugar nos tribunais de Xustiza.

Información tirada de Sermos Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario