mércores, 16 de maio de 2012

A poetisa Rosalía Morlán busca arrincar un sorriso dos cativos enfermos


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou o pasado venres a Rosalía Morlán na presentación de Estrelas de azucre, o seu último poemario, co que a autora –enfermeira de profesión– busca arrincar un sorriso ás cativas e cativos enfermos.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou neste acto, no que gabou o labor da poetisa coruñesa por “contribuír ádinamización da lingua galega en dous ámbitos prioritarios de actuación para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, como son a infancia e o socio-sanitario” e mais por “axudar, a través dos seus poemas, a que os nenos e as nenas relacionen a lingua galega cos momentos de alegría e de felicidade”.

Máis información no web da SXPL.



Ningún comentario:

Publicar un comentario