INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
martes, 29 de maio de 2012
O TSXG desacolle o recurso da consulta ás familias sobre a lingua na educación
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSX) rexeitou o recurso interposto pola asociación Nova Escola Galega contra a consulta ás familias sobre as linguas no sistema educativo non universitario. Na súa sentenza, o TSXG considera que a consulta non lesiona ningún dereito fundamental.
Outro recurso, interposto polo sindicato STEG, xa fora desacollido polo mesmo TSXG en maio de 2011, ao non atopar o tribunal ningún elemento de ilegalidade na instrución enviada desde a Consellería de Educación aos centros educativos coas indicacións para a realización da dita consulta.
Máis información no web da Xunta.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario