mércores, 30 de maio de 2012

Charla obradoiro método UCMAS de cálculo mental


24maio

Dende a FANPA Pontevedra convidámosvos a que participedes nunha charla/obradoiro dirixida a pais/nais e profesores/as sobre o Método UCMAS de cálculo mental para nenos e nenas de 5 a 13 anos que se vai celebrar o vindeiro venres 1 de xuño ás 20:00 horas no CEIP Vidal Portela en Pontevedra.
As persoas interesadas só teñen que chamar de 9:30h a 13:30h ó nº telf 986 84 34 12 ou enviar un e-mail a: actividades@nontedurmas.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono.
Achegámosvos cartel e folleto explicativo para que poidades facer a maior difusión posible no voso centro escolar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario