O Consello da Cultura Galega acollerá dende este xoves o congreso internacional 'O contexto internacional das Irmandades da Fala. As nacionalidades na Europa de entreguerras: de imperios a nación', que analizará o tempo das Irmandades no centenario da súa fundación.
Coordinado por Xosé M. Núñez Seixas, este encontro contará con relevantes historiadores europeos que abordarán a cuestión das nacionalidades dende unha perspectiva comparada.
En palabras do seu coordinador, este é o primeiro congreso no que se reflexionará sobre a evolución da cuestión das nacionalidades durante e inmediatamente despois da Primeira Guerra Mundial e permitirá reflexionar sobre as interaccións que existen no continente sobre diversas cuestións nacionais.
Tras a Gran Guerra, a opinión pública europea manifestou unha nova sensibilidade cara á cuestión das minorías e no mundo académico naceron os debates teóricos en torno aos dereitos das nacionalidades e a orixe do nacionalismo.
Galicia non permaneceu allea a este fenómeno e, polo tanto, as Irmandades dá Fala non constitúen un produto excepcional na Europa da época.
Nacionalidade e identidade na crise do imperio austrohúngaro, os bolxeviques e a guerra civil rusa, así como a cuestión lingüística, o agrarismo, o contexto multiétnico, yel debate político na Europa Oriental serán algúns dos temas que se analizarán nas sesións deste xoves 6 e do venres 7 de outubro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario