mércores, 1 de xullo de 2015

O decreto do plurilingüismo "reduce o galego", segundo un informe europeo

A Mesa di que o comité consultivo do convenio marco para a protección das minorías nacionais critica o decreto por agravar a "desproteción do galego".

O comité consultivo do convenio marco para a protección das minorías nacionais denuncia que o decreto do plurilingüismo de 2010 é un "mecanismo para reducir a presenza do galego no ensino".
 
Así o di A Mesa Pola Normalización Lingüística que fixo público este informe que apunta que o decreto reduciu a pesenza do galego no ensino "desde a metade a un terzo como máximo nas etapas obrigatorias".
 
Ademais, a Mesa suliña que este informe asegura que se está agravando "a desprotección do galego nas zonas de fala galega pertencentes a Asturias e Castela e León tras a aprobación da LOMCE".
 
Ademais, o comité cuestionou na súa avaliación do estado español "a desconsideración que manifesta" este respecto diso da pluralidade lingüística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario