luns, 20 de xullo de 2015

O PSOE implica os seus Gobernos rexionais contra a Lomce

  • Os conselleiros de seis autonomías e a dirección federal esixen aprazar a súa aplicación

  • O disparate da Lomce

O PSOE e as comunidades onde goberna pediron este sábado ao novo ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, a convocatoria urxente da conferencia sectorial e a paralización "inmediata" do calendario da Lomce sobre a implantación das ensinanzas de ESO e Bacharelato, que comeza o curso próximo,y as avaliacións finais de etapa.
Os conselleiros das distintas autonomías con presidentes socialistas (Andalucía, Aragón, Comunidade Valenciana, Baleares, Extremadura e Castela La Mancha -o de Asturias, en funcións, non asistiu) reuníronse este sábado con responsables da dirección federal do partido para coordinarse con vistas á aplicación da reforma educativa á volta do verán. Nunha rolda de prensa posterior ao encontro, o secretario federal de Educación, Juan Miguel Pérez, que compareceu xunto ao exministro Ángel Gabilondo, responsable de Educación, Ciencia e Cultura do equipo de expertos do PSOE, indicou que seis gobernos autonómicos solicitarán a reunión sectorial para este mesmo xullo, de acordo co regulamento que a regula, se non a convoca Méndez de Vigo, informa EFE.
Os socialistas precisaron que non son insumisos ás leis, ofreceron "man tendida" para alcanzar o consenso con diálogo e anunciou unha campaña de "acción social e política" para conseguir a paralización do calendario.
A responsable de Educación na Xunta de Andalucía, Adelaida de la Calle, defendeu que a reforma do exministro Wert entrou en "vía morta" ao partir, na súa opinión, dunha lei sen consenso que "xerou un descontento xeneralizado" e que é rexeitada por comunidades autónomas que engloban máis do 70 por cento da poboación educativa.
Ante esta situación, De la Calle, que tamén tomou parte na reunión, considera "urxente" traballar por "un gran pacto nacional ou entre comunidades que permita poñer en valor e defender o dereito á educación, aínda que o desenvolvemento en cada rexión se adapte ás súas particularidades, segundo defendeu en declaracións a Europa Press. Neste sentido, a conselleira andaluza afirmou que o que necesita a política educativa deste país é "xerar lazos dende a participación que se convertan nun compromiso universal".
De la Calle destacou que para lograr un "bo pacto" é necesario un traballo profundo de entendemento, comprensión e solidariedade fronte aos desacordos que inevitablemente existirán. Neste sentido, a conselleira propuxo ao propio Gabilondo --exministro de Educación no Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero--, para liderar é este grande acordo de bases, segundo informou a Xunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario