Hoxe estase a celebrar
na Cidade da Cultura de Santiago a xornada Xogar
tamén é cousa seria. Experiencias na creación de videoxogos en
Galicia, un
encontro que nos convida a debater sobre as diversas posibilidades
que ofrece o lecer dixital no ensino e na comunicación. A
cita é no auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia e vén da man
da Secretaría Xeral de Cultural co apoio de AGADIC e do IGAPE, amais
de contar coa firma Imaxin en traballos de coordinación. A
xornada foi inaugurada a primeira hora polo conselleiro de Cultura,
Román Rodríguez, que salientou o enorme potencial do xogo en canto
a experiencia, aprendizaxe, información e desenvolvemento do noso
intelecto.
Ademais, lembrou a
consideración, aceptada polos poderes públicos e o ámbito
creativo, do xogo e o videoxogo “como produtos culturais
transversais”, en recoñecemento do seu valor integrador, de
difusor da cultura e de espazo de aprendizaxe, “cuxo
desenvolvemento incide na dinamización de toda a industria
cultural”, engadiu, ao tempo que salientou o traballo do sector do
videoxogo en Galicia.
No acto de apertura da
xornada participaron tamén a xerente do Igapex, Mª Dolores García
de los Huertos Vidal; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e
o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC),
Jacobo Sutil.
No evento amosaranse en
detalle diferentes experiencias de lecer dixital levadas a cabo nas
máis variadas contornas e con obxectivos ben dispares: produtividade
empresarial, incremento de vendas, impulso á formación, melloras na
saúde e no ensino, etc. Ao fío disto, boa parte da xornada
oriéntase a achegar a industria do videoxogo en Galicia a ámbitos
onde non se xoga pero que amosan potencial de abondo como para
acubillar actividades desta índole.
A iniciativa, que tamén
abordará a situación actual e futuro dos videoxogos en Galicia,
está dirixida especialmente a xerentes, directores, responsábeis de
departamentos de comunicación, de recursos humanos ou de publicidade
de empresas de Galicia, así como a persoal das administracións
públicas, responsábeis de centros de formación, grupos de
investigación ou novos emprendedores de solución tecnolóxicas
interesados en coñecer e afondar na potencialidade da tecnoloxía
dos videoxogos.
Segundo informa a organización, na xornada
presentaranse recursos destinados ao eido sanitario, con programas
para exercitar a cognición social e informar sobre hábitos sexuais
saudábeis; ao educativo, con ferramentas vinculadas coa reciclaxe e
o cambio climático; ou ao empresarial. Ademais, tamén haberá unha
mesa redonda onde profesionais de Ficción Producciones, de Iberian
Games, de A Meiga e de imaxin|software ofrecerán a súa visión
desde o punto de vista dos desenvolvedores.
O
programa
9:15 h Recepción de asistentes
9:30 h
Apertura e presentación
9: 45 h Sanidade: e-motional
training. Alejandro
García Caballero, psiquiatra do Hospital de Día Complexo
Hospitalario Universitario Ourense
10:15 h Reciclaxe: os xogos de
SOGAMA. Teri Campos Mosquera, responsábel de comunicación de
SOGAMA.
10:45 h Experiencias en empresas. Silvia López Gómez,
pedagoga especialista en videoxogos e investigadora da USC
11:15
h Educación: videoxogo CLMNTK.
Francisco Sóñora, director do proxecto Climántica
11:45 h
Pausa-café
12:15 h Redes sociais: Sex
Invaders. Cristina Márquez Riveras, técnica
do plan galego anti VIH-SIDA e outras infeccións de transmisión
sexual
12:45 h Mesa redonda: a visión dos desenvolvedores. Julio
Casal, Ficción Producciones. Xosé Manuel Rey Piñeiro, Iberian
Games. Ismael Faro, A Meiga. Modera: Luz Castro, imaxin|software
13:45 h Conclusións da xornada
Ningún comentario:
Publicar un comentario