O alcalde de Ferrol levará a proposta da Mesa para impulsar a normalización do galego no Concello ao vindeiro pleno. Foi a primeira xuntanza da MNL cos novo gobernos municipais que terá continuidade este día 1 en Pontevedra e o 2 na Coruña.
A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou en Ferrol a
rolda de contactos cos gobernos municipais das principais cidades
galegas nunha iniciativa na que busca promover o impulso normalizador
dos concellos nesta nova etapa. A xeira de xuntanzas continuará este día
1 en Pontevedra e seguirá o 2 na Coruña. “Os concellos deben recuperar a
iniciativa a prol da lingua e pórlle fin ao sexenio negro para o galego
que inaugurou Feixó en 2009”, sinalou Marcos Maceira despois desta
primeira reunión na que o novo rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, se
comprometeu a levar a proposta con medidas para a normalización ao
vindeiro pleno.
Un compromiso real coa lingua e a posta en marcha de accións concretas para inaugurar unha nova etapa eran as dúas demandas que Marcos Maceira levaba á xuntanza que se pechou co compromiso do novo goberno local que aceptou impulsar a través do pleno medidas como a oferta en galego na atención ao público, que as empresas que traballan para a administración local fagan uso do galego, emprego do galego nas escolas infantís ou que todas as actividades do concello se desenvolvan na nosa lingua, entre outras. Medidas que, segundo Marcos Maceira, “terían un efecto multiplicador e efectivo para recolocar e repor o galego en todos os espazos de onde foi excluído”.
Encher o baleiro da Xunta
Pola súa parte, o alcalde de Ferrol, Jorgue Suarez, segundo sinala a Mesa, mostrou o seu acordo coa proposta que levará xa ao primeiro pleno que se convoque e comprometeuse a impulsar o cumprimento dos acordos, ademais do Plan de Normalización Lingüística.
“Ante a falta de apoio por parte da Xunta de Galiza, aínda tendo a obriga legal de o facer, deben ser os concellos quen actúen para encher o baleiro institucional a favor da lingua que a Xunta está a promover”, defendeu Maceira que inicia coa de Ferrol unha serie de xuntanzas que continuarán con Miguel Fernández Lores en Pontevedra e Xulio Ferreiro na Coruña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario