Nunha
rolda de prensa celebrada hoxe en Madrid, CEAPA esixiu unha reunión
urxente da Conferencia Sectorial para que acorde un plan conxunto da
paralización e minimización da implantación da LOMCE naquelas
Comunidades Autónomas que manifestaron o seu compromiso e evitar
diferentes actuacións en cada territorio.
Así mesmo, CEAPA esixiu a devolución ás familias da compra de libros e material curricular por parte dos centros educativos, por obrigarlles a realizala. Achégase un modelo de reclamación para a devolución de gastos por libros de texto e material curricular para aquelas familias que queiran realizalo, podendo obter máis información a través das súas Federacións e Confederacións. CEAPA manifestou que aquelas que decidan solicitalo terán o respaldo xurídico tanto das Federacións e Confederacións como de CEAPA.
CEAPA reiterou, por unha banda, a súa esixencia da apertura dos comedores escolares durante todo o ano e, doutra banda, que se trace un Plan Nacional que fomente a convivencia e o respecto á diversidade e actúe contra a discriminación no ámbito educativo, xa que a non aceptación da diferenza, degenera en situacións non aceptables como a exclusión ata a situación máis extrema que poida darse que é o acoso escolar.
Por último, CEAPA anunciou que realizará unha caravana ao Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo e ao Parlamento Europeo de Bruxelas para denunciar a vulneración do dereito á educación no noso país, o aumento da pobreza infantil, a redución e supresión de bolsas e axudas, ao mesmo tempo que o Goberno aproba un crédito extraordinario de 800 millóns de euros para a compra de armamentos.
1 de xullo de 2015

Ningún comentario:
Publicar un comentario