O CilenisConxugador, unha nova ferramenta lingüística en liña, permite conxugar de maneira fiable calquera verbo da lingua galega, incluso neoxolismos como twittear ou calquera outro, aínda que non veñan nos dicionarios. Este conxugador está baseado no sistema de código aberto conshuga, desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela polo grupo de grupo de investigación ProLNat@GE (Grupo para o Procesamento da Linguaxe Natural), do que procede o equipo de traballo de Cilenis. O resultado é unha ferramenta con importantes aplicacións no ámbito da educación, a comunicación e a empresa.
Conxuntamente coa versión galega, Cilenis desenvolveu un conxugador verbal en portugués, dispoñíbel desde xa para os máis de 240 millóns de falantes desta lingua no mundo. A empresa galega sitúase así en primeira liña na creación de ferramentas lingüísticas en liña no ámbito lusófono cun material que mellora os existentes ata o de agora.
Pódese consultar o conxugador na seguinte ligazón:
Máis información en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario