A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do concurso de presentacións electrónicas de Nadal, dirixido ao conxunto da cidadanía. Os traballo deben ser enviados a calquera dos seguintes enderezos electrónicos: secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou a sxpl.secretaria@xunta.es. O prazo de admisión das propostas remata o día 9 de decembro de 2011.
O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o aninovo, o día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Os traballos máis enxeñosos e cun deseño máis orixinal serán seleccionados para formar parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da Secretaría Xeral. Ademais, outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego para cada un dos gañadores ou gañadoras.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/bases_concurso_presentelect_2011.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario