Os lectorados e centros de estudos galegos cos que conta a Secretaría Xeral de Política Lingüística en universidades de todo o mundo realizan numerosas actividades durante o curso académico para dar a coñecer fóra de Galicia a lingua, a literatura e a cultura galegas. Con este obxectivo, o cine galego chegou ao País Vasco estes días a través da I Mostra Cinematográfica Galega, unha iniciativa promovida polos centros de estudos galegos das universidades do País Vasco e de Deusto, en colaboración co Centro Galego de Vitoria, a Casa de Galicia de Guipuskoa, a Fundación Caja Vital e Kutxa Social.
A literatura tamén estivo presente nas actividades que promoveron os centros de estudos desde universidades de fóra de Galicia para difundir a lingua e a cultura galegas. A Universidade de Barcelona (UB) acolleu o seminario Rosalía de Castro. Unha musa fecunda, na que a obra narrativa e a conciencia de escrita da autora se someteron a novas lecturas desde o xénero. A xornada, coorganizada polo departamento de Estudis Gallecs i Portuguesos da UB, polo Centre Dona i Literatura e polo departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago, pechouse cunha conferencia da especialista nos estudos rosalianos Catherine Davies: “Rosalía de Castro no contexto do XIX en España e Hispanoamérica”.
Máis información en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario