O 4 de novembro conmemorouse o Día da Ciencia en Galego, unha celebración promovida pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que busca poñer en valor o uso do idioma no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida na lingua propia de Galicia. A edición deste ano estivo dedicada á muller na ciencia e, ademais de os centros educativos de primaria e secundaria, mobilizou as universidades galegas, que tamén organizaron concursos, cafés científicos, etc.
Alén das actividades propias de cada centro educativo, a CGENDL organizou dúas videoconferencias en galego tituladas “Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial” (para secundaria) e “Sabes por que 2011 é o Ano Internacional dos Bosques?” (para primaria), nas que participaron 162 centros e 10350 alumnas e alumnos.
Máis información en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario