martes, 1 de novembro de 2011

Constituíuse a Rede de Dinamización Lingüística

O 28 de outubro constituíuse a Rede de Dinamización Lingüística (http://www.xunta.es/linguagalega/rede_de_dinamizacion_linguistica), no Auditorio do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. A Rede está formada na actualidade por 93 entidades, das cales 88 son concellos das catro provincias galegas. O obxectivo fundamental deste novo organismo é favorecer a colaboración conxunta e coordinada das entidades locais integradas nela xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, para impulsar intercambio de experiencias, evitar duplicidades e buscar a visualización das actuacións realizadas neste ámbito polos seus membros.
Por outra parte, a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL) desmarcouse do proxecto, ao sinalar que non se tivo en conta o colectivo de técnicos á hora de organizalo e que non se respectaron as decisións tomadas en conxunto nas xuntanzas preparatorias. Ademais, sinalou que en moitos concellos non se conta cos traballadores no campo da lingua para os representar na nova entidade e denunciou así mesmo a redución de fondos que están a sufrir os equipos de dinamización e normalización locais.
Máis información en:

http://www.edu.xunta.es/web/node/3410

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2011/10/28/28_10_11_dossier_rdl.pdf

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=882&desc=a_ctnl_non_avala_a_rede_de_dinamizacion_linguistica_e_non_acudira_ao_acto_de_constitucion

Ningún comentario:

Publicar un comentario